A Xunta destaca a contribución das mulleres ao funcionamento das prazas de abastos municipais

Ourense, 8 de marzo de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Ourense na fotografía grupal polo Día Internacional das Mulleres realizada para poñer en valor a importancia feminina nos mercados municipais. Este acto, organizado pola Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, pon en valor o papel da muller no funcionamento destes mercados, claves na vertebración do territorio e na xeración de riqueza e emprego.

A presenza do director xeral neste acto concorda coa aposta do Goberno galego a prol da dinamizacición das prazas e mercados de abastos, aposta para a que se promoverán medidas no marco do futuro Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030, que estará listo este mes de marzo tras o proceso participativo levado a cabo con todo o sector. Neste eido, a Xunta busca impulsar a certificación destes espazos co selo de Mercados excelentes con axudas ás que na convocatoria deste ano destina 3,3M€ e que se poderán solicitar entre o 12 de marzo e o 14 de abril.

Deja un comentario