Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou recentemente as instalacións da empresa Siemens Gamesa no municipio de Oroso. Alí participou no acto de recoñecemento as traballadoras e traballadores que levan máis de 25 anos ao servizo da empresa.
Durante a visita, o secretario xeral felicitou aos representantes e ao persoal laboral da compañía alí presentes pola calidade tanto do seu traballo como das instalacións. Ademais destacou a implicación e a aposta real de Siemens Gamesa pola innovación, a sostibilidade e o talento.