Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou onte o Hospital de Xixón co obxectivo de coñecer de primeira man o modelo do centro, que integra nun mesmo edificio servizos hospitalarios e centro sociosanitario. Durante a visita, Antón Acevedo tivo a ocasión de conversar coa directora do centro, Elsa Rodríguez, e con profesionais asistenciais, que explicaron o funcionamento do hospital e o seu enfoque integral na atención a persoas con necesidades sanitarias e sociais.
Pola súa parte, Antón Acevedo trasladou aos responsables do hospital o que se está a facer en Galicia para mellorar a atención ás persoas maiores. Así, referiuse á implantación do novo modelo de coidados e aos novos centros de coidados intermedios nos que traballa a Xunta, o primeiro comezará a funcionar próximamente en Santiago. Estes centros funcionarán a modo de ponte entre a atención sanitaria e social e neles atenderase a persoas que reciben a alta hospitalaria, prestándolles a axuda de rehabilitación que necesiten para completar a súa recuperación antes de volver aos seus domicilios ou centros residenciais.