A Xunta colabora en Arzúa no desfile de moda do municipio na súa aposta pola dinamización e revitalización do comercio de proximidade

Arzúa (A Coruña), 10 de maio de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no segundo desfile de moda organizado pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) e  Centro Comercial Aberto de Arzúa . Con esta iniciativa na que se presentaron diversos produtos e artigos dos establecementos participantes, búscase continuar coa dinamización do comercio local -coincidindo coa conmemoración onte do Día do Comercio de Proximidade- e da economía do municipio.

O director xeral aplaudiu a iniciativa —que conta co apoio do Executivo galego— como un elemento máis de dinamización do comercio e da comarca de Arzúa en xeral, onde os establecementos locais foron os grandes protagonistas.

Gabriel Alén tamén resaltou que o Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 recolle entre as máis de 70 accións específicas, unha serie dirixida exclusivamente aos Centros Comerciais Abertos, creando un rexistro oficial para dotalos dunha maior entidade, competitividade e visibilidade, potenciando a súa imaxe, así como liñas de apoios centradas en proxectos de dinamización comercial de valor engadido, sendo este desfile un exemplo dos proxectos beneficiados.

Deja un comentario