A Xunta colabora coa ´Shopping Night Ourense´ na súa aposta pola dinamización e revitalización do comercio de proximidade

Ourense, 2 de maio de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no acto que deu inicio á décima edición da Shopping Night Ourense. O evento organizado polo Centro Comercial Aberto de Ourense conta con máis de 70 establecementos participantes, os cales terán un horario especial de apertura ao público ata ás 23,00 h., no que se repartirá entre a clientela vales e participacións para degustacións. Tamén se desenvolverá unha xincana para os máis pequenos.

O director xeral aplaudiu a iniciativa —que conta co apoio do Executivo galego— como un elemento máis de dinamización, non só do comercio local, senón da propia cidade de Ourense en xeral.

Gabriel Alén resaltou ademais que o Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 recolle entre as máis de 70 accións específicas, unha serie dirixida exclusivamente aos Centros Comerciais Abertos, creando un rexistro oficial para dotalos dunha maior entidade, competitividade e visibilidade, potenciando a súa imaxe, así como liñas de apoios centradas en proxectos de dinamización comercial de valor engadido, sendo a Shopping Night Ourense un exemplo dos proxectos beneficiados.

Deja un comentario