A Xunta axilizará co arranque de 2025 a habilitación dos libros de subcontratación na construción coa introdución da tramitación electrónica

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo un encontro con representantes das principais entidades empresariais do eido da construción en Galicia co gallo de darlles a coñecer os avances implementados pola Xunta para axilizar a habilitación dos libros de subcontratación requiridos na promoción de cada obra.

En concreto, segundo explicou o secretario xeral, os contratistas xa non terán necesidade de acudir fisicamente ás xefaturas territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para habilitar eses libros de subcontratación, senón que poderán solicitar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a habilitación precisa para darlles validez. Fernández engadiu que as novidades na tramitación entrarán en vigor co arranque de 2025, desde o próximo 2 de xaneiro.

Deja un comentario