A Coruña, 27 de marzo de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta tarde na xornada Los valores transmitidos, organizada polo club empresarial Nordés, e que ten como obxectivo reflexionar sobre a transformación e o liderado feminino na continuidade dos negocios empresariais.
Na súa intervención, a directora xeral destacou que a Xunta está avanzando no deseño e na elaboración da estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados, ao tempo que fixo fincapé na importancia de ter referentes femininos liderando o ámbito empresarial. Ademais, subliñou que as mulleres asuman o relevo xeracional das empresas galegas, como é o caso das tres empresarias que contaron a súa experiencia no encontro.
María Quintiana destacou que a Xunta é consciente de que Galicia é unha das comunidades con máis mulleres nos postos directivos e que, para seguir avanzando, “debemos seguir apostando pola conciliación e pola corresponsabilidade”.