A Xunta avanza na súa labor de promoción xacobea internacional coa Semana do Camiño na cidade brasileira de Porto Alegre

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2025

A cidade brasileira de Porto Alegre acolle este xuño o Mes do Camiño de Santiago cunha programación que vai desde unha mostra fotográfica da ruta xacobea ata ciclos de conferencias e cine sobre un dos máis importantes itinerarios de peregrinación, considerado como vertebrador de Europa.

O director de Turismo de Galicia, viaxará ao país suramericano esta semana para participar nos distintos actos conmemorativos organizados con motivo deste celebración. Concretamente, visitará a mostra ‘Iacobus Gaudet. Os Camiños de Santiago en Galicia’ e manterá varios encontros de traballo con autoridades locais e nacionais para continuar traballando e abrir novas colaboracións na promoción turística en Brasil.

Ademais, visitará o Centro Español de Porto Alegre que antigamente tamén foi casa de galegos e reunirase cos responsables da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS) para intensificar os lazos de colaboración a prol da promoción xacobea.

O director de Turismo de Galicia tamén manterá encontros no Consulado Xeral de España e no Instituto Cervantes de Porto Alegre.

Mes do Camiño en Porto Alegre

A mostra audiovisual ‘Iacobus gaudet. Os Camiños de Santiago en Galicia’ permanecerá aberta no Museo de Arte do Paço de Porto Alegre ata o 27 de xuño. Os seus visitantes poderán adiantarse á experiencia xacobea da man de fotografías e imaxes recollidas por Manuel Valcárcel nas distintas rutas do Primeiro Itinerario Cultural de Europa e Patrimonio da Humanidade.

A exposición chega agora a Porto Alegre despois de percorrer anteriormente Cidade de México, Buenos Aires e Sáo Paulo. Tamén durante este mes de xuño, este mesmo Museo de Arte do Paço acollerá unha serie de xornadas e relatorios sobre o Camiño de Santiago e na cinemateca Capitolio desenvolverase o ciclo Cinema Xacobeo.

No que vai de ano, case 3.000 peregrinos procedentes de Brasil fixeron o Camiño de Santiago, sendo este o segundo país de Sudamérica que reflicte o maior número de camiñantes, tras México.

Deja un comentario