A Xunta avanza na adxudicación da redacción dos proxectos de interese autonómico que facilitarán solo en 7 concellos para 15.000 novas vivendas

Santiago de Compostela 8 de abril de 2025

A Xunta avanza na adxudicación dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) que facilitarán solo en sete concellos galegos para ao redor de 15.110 vivendas, principalmente protexidas, en sete concellos.

Así, a mesa de contratación propuxo hoxe a adxudicación dos contratos de redacción do Proxecto de Interese Autonómico (PIA), do proxecto de expropiación e o de parcelamento dos primeiros ámbitos de solo que prevé urbanizar a Xunta de Galicia nos concellos de Santiago, A Coruña, Arteixo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

As propostas de adxudicación recaeron nas seguintes empresas: Na Coruña, Fernández Carballada y asociados SLP; para o ámbito de Santiago de Compostela, Monteoliva arquitectura SLP; Arteixo, Monteoliva arquitectura SLP; Lugo, José María Alonso Carrasco; Ourense, UTE Galicia 360 Fernández Carballada y Asociados SLP; Pontevedra, Ordenación Territorial, Infraestructuras y Medio Ambiente (OTIMA) e Vigo, Ordenación Territorial, Infraestructuras y Medio Ambiente (OTIMA).

Os adxudicatarios dos contratos deberán redactar os documentos urbanísticos para o desenvolvemento dos seguintes ámbitos de solo residencial:

Concello

Ámbito

Superficie aproximada

Número estimado de vivendas

SANTIAGO

SUD1 “Mallou”

34,6 ha.

3.460

A CORUÑA

SUD4 “Monte Mero”

43,1 ha.

4.310

ARTEIXO

A Baiuca – Penouqueira

7,8 ha.

160

LUGO

S-5R Barrio Sº Corazón

12 ha.

1.200

OURENSE

SU1 Escorial-Vinteún

16,4 ha.

1.640

PONTEVEDRA

SB2-Fase II e SB5

(Ambos zona de San Mauro)

20,4 ha.

2.040

VIGO

Sub 405 “Ofimático”

20,3 ha.

2.300

TOTAL

 

154,6 ha.

1.546.000 m2

15.110

O desenvolvemento destes ámbitos enmárcase na primeira fase da Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta.

Ademais destes sete ámbitos, a Administración autonómica ten en licitación neste momento a redacción dos PIA para a obtención doutras 20,1 hectáreas de solo nos concellos de Vigo e Vilagarcía de Arousa, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas. Neste caso, as empresas interesadas neste contrato, que conta cun prazo de execución de 15 meses,  poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de xuño.

Deja un comentario