A Xunta avalía posibles vías de colaboración co concello ourensán da Arnoia

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde co alcalde do concello ourensán da Arnoia, Rodrigo Aparicio, para tratar algunhas cuestións de interese para esta localidade.

Na xuntanza avaliaron a posibilidade de establecer vías de colaboración para seguir afondando en proxectos que dinamicen o rural galego e fixen poboación nesta contorna. Asemade, avaliaron a situación de diversos instrumentos de recuperación da terra agraria que se poderían implementar neste municipio.

Deja un comentario