A Xunta asiste en Madrid á composición da nova executiva da Federación Nacional de Asociaciones de Trabajadores Autónomos

Madrid, 3 de marzo de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu hoxe á asemblea extraordinaria da Federación Nacional de Asociaciones de Trabajadores Autónomos, na que se procedeu á elección dos seus novos cargos directivos.

Neste contexto, o Executivo galego ten un firme compromiso cos traballadores por conta propia, como se reflicte na orde unificada de axudas a este colectivo, cuxo prazo remata o 30 de setembro— e que conta cun orzamento de máis de 40,7 millóns de euros. Nesta convocatoria, englobánse cinco liñas de axudas que van desde o inicio da actividade –como o programa de promoción do emprego autónomo e da cota cero– aos de consolidación e mantemento desta —Bono Autónomo e Bono Remuda—. Tamén incorpora os apoios á conciliación para apoiar a contratación, por parte dos autónomos, dunha persoa desempregada para cubrir baixas de maternidade ou paternidade ou para o coidado de menores, maiores ou dependentes –entre outros casos- e o Bono Nova Oportunidade co que se pretende apoiar aos autónomos que desexen volver a emprender tras o cesamento da súa primeira actividade.

Deja un comentario