A Coruña, 28 de febreiro de 2025
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á representación de Soños, a primeira obra de teatro creada para acabar coa estigma dos adolescentes que forman parte do sistema autonómico de protección. O Fórum Metropolitano acolleu a representación desta peza que ten detrás a iniciativa de Igaxes e das produtoras Artefeito e Culturactiva.
Jacobo Rey puxo en valor a importancia que teñen este tipo de iniciativas para que a sociedade en xeral tome conciencia da situación destes menores e eliminar os prexuízos sobre eles que aínda persisten. Estes estigmas, indicou o director xeral, son inxustos e supoñen un hándicap para o pleno desenvolvemento destas mozas e mozos.
Soños está escrita por Fernando Epelde e dirixida por Tamara Canosa. Os seus actores son Anxo Outumuro e Sara Ferro, que dan vida a dous rapaces que residen nunha vivenda tutelada.