A Xunta apoia en Vigo á Selección feminina española de fútbol no partido fronte a Portugal

Vigo, 8 de abril de 2025

Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañados do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiron ao partido internacional clasificatorio UEFA Women’s Nations League entre as seleccións de España e Portugal celebrado esta tarde no estadio Abanca Balaídos.

Deja un comentario