Lugo, 16 de abril de 2025
A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación da primeira edición da Festa da Xuventude que se celebrará esta fin se semana no marco das festas de Pascua da parroquia de Sobrado de Picato, en Baralla, co apoio da Xunta de Galicia. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias, o alcalde de Baralla, Miguel González, e outros responsables da organización.
A Festa da Xuventude marcará o inicio dos festexos o venres 18 a partir das 21.00 horas cunha churrascada popular na que participarán máis de 300 persoas. Despois da cea haberá un monólogo de Lines de Silva e a actuación do grupo Punto Clave. O programa de actos continuará o sábado cunha verbena e pecharase o domingo cunha degustación e sesión vermú. O campo da festa estará cuberto cunha carpa.