A Xunta analiza co concello de Covelo posibles vías de colaboración a prol da empregabilidade no municipio

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse esta semana co alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, para analizar posibles vías de colaboración que contribúan á empregabilidade das veciñas e veciños deste concello pontevedrés con accións como a formación adaptada ás necesidades do mercado laboral e do tecido produtivo da contorna. 

O conselleiro salientou o compromiso deste concello coa dinamización laboral da zona e a importancia de seguir sumando esforzos entre administracións para mellorar as oportunidades profesionais da veciñanza, especialmente no medio rural. Neste ámbito, destacan apoios do Goberno galego como o programa Aprol Rural, orientado á contratación de persoas desempregadas para realizar tarefas de limpeza e prevención de incendios forestais e do que se ten beneficiado este municipio. 

Deja un comentario