Santiago de Compostela, 4 de maio de 2025
A Xunta de Galicia amplía ata o mes de xuño a campaña extractiva da ostra rizada na modalidade a pé na Ría de Ares e Sada. Deste xeito, a Consellería do Mar dá resposta á petición da Confraría de Pescadores de Pontedeume de prorrogar o prazo inicial previsto, fixado no Plan xeral de explotación marisqueira 2024-2026, co fin de que esta especie se manteña no ámbito actual de distribución, favorecendo con elo a obtención dun maior beneficio económico, a través da explotación como recurso marisqueiro.
Modifícase así a Orde do 21 de decembro de 2023, que regula dito Plan, e que establece as normas para realizar esta actividade marcando épocas de extracción e cotas de captura, entre outros factores. Con este cambio, que se publicará mañá, 5 de maio, no Diario Oficial de Galicia (DOG), seguindo así o procedemento administrativo estipulado para tan fin, implica que nesta ría, pertencente á zona marisqueira marítimo-terrestre VII A Coruña- Ferrol, o período extractivo no 2025 iniciouse o 2 xaneiro e finalizará o 30 xuño, volvendo a reanudarase o 1 de outubro ata o 31 de decembro.
O sector do marisqueo en Galicia é un motor económico importante para a rexión e estas regulacións buscan asegurar que continúe prosperando nunha contorna cambiante. Ademais, ao alentar a innovación e a adaptación, contribúe ao desenvolvemento da actividade de xeito sostible e resiliente para a industria marisqueira galega. Con estas adaptacións, o que se pretende é garantir que o sector do marisqueo na comunidade poida afrontar con éxito os desafíos, ao tempo que se promove a conservación dos sistemas ecosistémicos galegos.