A Xunta agradece á Asociación Cultural ´As Xeitosiñas´ o seu traballo en prol do mantemento da cultura galega no exterior

Zurich, 22 de xuño de 2025

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este domingo en Zurich á celebración conxunta do Día de Galicia e das Letras Galegas organizada pola Asociación Cultural As Xeitosiñas, un acto co que acompañou á colectividade galega residente nesta cidade.

O evento incluíu unha conferencia do escritor Xosé Manuel Lobato e a actuación das agrupacións musicais e de baile da entidade, que culminou cun xantar de confraternidade. Nesta ocasión, Miranda puxo en valor o traballo cultural e integrador de As Xeitosiñas, destacando que a entidade leva anos sendo un punto de encontro interxeracional dos galegos do exterior.

O secretario xeral salientou que “celebrar as Letras Galegas e o Día de Galicia desde Zurich é un exemplo de como a cultura galega non ten fronteiras”. Ademais, animou á comunidade a seguir participando nos programas da Xunta orientados ao apoio e acompañamento á diáspora e ao retorno a Galicia.

Deja un comentario