A Xunta achega a escolares de Cee o Programa ‘Que non te líen, ti elixes’ a prol de seguir avanzando na presenza feminina en sectores masculinizados

Cee (A Coruña), 24 de abril de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, achegouse esta mañá ata o IES Fernando Blanco no municipio de Cee, onde os alumnos de 3º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) participaron nunha xornada enmarcada na iniciativa promovida pola Xunta Que non te líen, ti elixes. Nesta actividade os participantes recibiron a visita de profesionais do mundo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, quenes puxeron en valor o papel de mulleres de éxito profesional neste ámbito como fonte de inspiración para estimular o espírito crítico na identificación de estereotipos sexistas asociados.

Na súa intervención, Pablo Fernández resaltou a importancia de elixir a profesión en base ás habilidades que se teñan, ás capacidades ou ás mesmas motivacións, rachando cos estereotipos en sectores tradicionalmente ocupados por homes. Neste senso, lembrou que 77 centros de secundaria —todos eles sostidos con fondos públicos— participarán nesta 2ª convocatoria do curso 2024-2025 que ao igual que na 1ª convocatoria, promove charlas didácticas e debates dirixidos por persoal de asociacións, fundacións e clústeres de sectores con escasa representatividade feminina, poñendo en valor a aquelas mulleres referentes de éxito neses ámbitos para que poidan servir de exemplo ás novas xeracións.

Deja un comentario