A USC participa no grupo de persoas expertas da Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento

O grupo ICEDE (Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento) da USC participa estes días en Xenebra (Suíza), a través do seu coordinador, Xavier Vence, na oitava xuntanza do Grupo Intergobernamental de Expertos en Comercio Electrónico e Economía Dixital da Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento.

En concreto, a participación da USC foi no marco dunha sesión que analizaba o final do ciclo de vida da dixitalización, centrándose nos impactos dos residuos relacionados así como nas implicacións comerciais e de desenvolvemento da xestión dos devanditos residuos e o potencial dunha economía dixital circular para contribuír a un desenvolvemento inclusivo e sustentable.

Neste panel, o profesor Vence presentou os resultados obtidos polo grupo ICEDE no proxecto ‘Potencialidades da Economía Circular para o desenvolvemento sustentábel e inclusivo en países de América Latina’ financiado pola Cooperación Galega – Xunta de Galicia no marco da convocatoria Investigación para o desenvolvemento entre 2021  e 2023.

Instantánea da apertura da oitava xuntanza do grupo intergobernamental
Instantánea da apertura da oitava xuntanza do grupo intergobernamental