Trece grupos de investigación de todo o Estado conforman a rede Epimar que, coordinada polo director de iARCUS, o profesor Carlos Pereira Dopazo, traballan conxuntamente para establecer un mapa epidemiolóxico dinámico dos virus presentes no medio acuático que poidan supor un risco para a acuicultura española e poder así mellorar as capacidades do sector na prevención.
Representantes de todos os membros desta rede, formada por diversas universidades, o Consello Superior de Investigacións Científicas (e o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Cataluña e financiada pola Axencia española de investigación, reuníronse este mércores na sede de iARCUS.
Na reunión avaliouse o traballo realizado ata o momento e consensuáronse as actuacións que se levarán a cabo este ano, no que se espera ter rematado unha primeira versión do mapa epidemiolóxico interactivo, que estará dispoñible na web do instituto.