A FisEs’25 converterá a USC do 18 ao 20 de xuño en foco de reflexión arredor da Física Estatística e Non Lineal

Santiago de Compostela

A Reunión de Física Estatística desenvólvese en intervalos de ano e medio dende 1987, data na que tivo lugar a primeira edición en Barcelona. Desde o ano 1996 esta reunión é coñecida tamén como FisEs. Coa FisEs’25, organizada polo grupo de Física Non Lineal da USC, cumpriranse 38 anos de reunións. O foro inaugurarse o 18 de xuño, ás 14.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC, nun acto presidido pola vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo. O principal obxectivo da xuntanza, que se estenderá ata o 20 de xuño, é promover a Física Estatística e Non Lineal en España e o intercambio científico e académico entre os grupos que investigan nestas disciplinas. 

Xusto a continuación da sesión de apertura, ás 14.45 horas, terá lugar o relatorio do científico español e profesor da Universidade de Harvard, Juan Pérez Mercader, cuxo equipo de investigación traballa na creación de vida artificial a través de vesículas poliméricas que nacen, medran e se replican de maneira autónoma. A diferenza das células vivas, estas vesículas non están feitas de lípidos ou proteínas, senón de polímeros sintetizados a partir de compostos químicos simples e luz verde.  

Ademais do profesor Mercader, tamén figuran entre as conferencias convidadas os relatorios de Jose A. Cuesta da Universidad Carlos III de Madrid, Cristina Masoller da  Universitat Politècnica de Catalunya, Miguel Rubí da Universitat de Barcelona, Saúl Ares do Centro Nacional de Biotecnología do CSIC, Alberto Fernández Nieves da Universitat de Barcelona, Clara Granell da Universitat Rovira i Virgili, Inma Leyva da Universidad Rey Juan Carlos, Samuel Martin do Complexity Science Hub Vienna e da Universidad Politécnica de Madrid (UPM), Marisol Ripoll da Forschungszentrum Jülich de Alemaña. 

O comité organizador do FisEs’25 está composto polos profesores da USC Saray Busto Ulloa, Alberto Cabada Fernández, Rosa María Crujeiras Casais, María Teresa Flores Arias, Jorge Mira Pérez, Begoña Nicolás Ávila, Alberto Pérez Muñuzuri (coordinador), Vicente Pérez Muñuzuri e María Elena Vázquez Cendón.