A delegada da Xunta en Ferrol reúnese coa nova directiva da Asociación Galega de Autocaravanas

Ferrol, 24 de xaneiro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta tarde no seu despacho á nova presidenta e secretaria da Asociación Galega de Autocaravanas, Mar García e Carmen Prado, respectivamente, coas que abordou as principais demandas do sector na área territorial e os proxectos que afronta a entidade de cara a este ano.

O encontro forma parte da rolda de contactos que a representante do Goberno galego, mantén habitualmente cos axentes do tecido socioeconómico da zona coa finalidade de coñecer de primeira man ás necesidades que se poidan producir nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Deja un comentario