A delegada da Xunta en Ferrol participa nunha nova comisión de seguimento da situación producida pola proliferación de moscas en Narón

Narón (A Coruña), 21 de maio de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá nunha nova sesión da comisión de seguimento da situación producida pola proliferación de moscas na parroquia de O Val, en Narón, convocada polo Concello e presidida pola alcaldesa da localidade, Marián Ferreiro.

Durante o encontro, no que tamén participaron técnicos municipais, membros da corporación e da AVV Irmandiños do Val, realizouse unha análise actual desta problemática que se repite desde hai cinco anos coa chegada da época estival e a subida das temperaturas e deuse conta dos últimos pasos dados.

A representante do Goberno galego ofreceu unha vez máis a colaboración da Xunta en aqueles ámbitos vinculados con esta casuística que sexan de competencia autonómica.

Deja un comentario