Ferrol, 10 de xuño de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na escola naval da Graña na homenaxe aos pioneiros do fútbol sala en Ferrolterra. O encontro, promovido por algúns dos protagonistas daquel primeiro torneo e que contou coa colaboración da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), reuniu nas instalación militares a máis dunha trintena de antigos xogadores.
A delegada territorial felicitou aos homenaxeados e puxo en valor a súa aportación ao fútbol sala local, unha disciplina “cunha gran tradición en Ferrolterra”, destacou. Así aproveitou para eloxiar o alto rendemento ao que competiron este ano O Parrulo Ferrol, hoxe na pugna polo ascenso a Primeira División Nacional, e o Valdetires Ferrol FS, na Segunda División feminina.
Esta homenaxe supón o arranque aos actos conmemorativos do 50 aniversario daquela primeira competición e que incluirán un partido internacional, conferencias e unha exposición fotográfica, culminando o próximo mes de outubro cunha gala retrospectiva.