A delegada da Xunta en Ferrol participa na entrega de premios do I Campionato do Mundo de hip-hop coreográfico disputado esta fin de semana en Narón

Narón (A Coruña), 11 de maio de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no Pazo da Cultura de Narón na entrega de premios do I Campionato do Mundo de hip-hop coreográfico organizado pola World Dance Sport Federation (WDSF), o Concello de Narón, as federacións española e galega de baile deportivo e o Club de Baile Deportivo Narón, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Na cita tomaron parte máis de 800 deportistas e 51 equipos procedentes de países como Bélxica, Bulgaria, Chipre, Sudáfrica, Francia, Suecia, Italia ou España que se disputaron os títulos mundiais nas categorías junior, young, absoluta e megacrew.

A competición albergou ademais durante a xornada de onte a terceira das cinco probas puntuables para a Liga Xunta de Galicia de hip hop. As próximas terán lugar nas cidades de Lugo e Vigo.

Deja un comentario