Lugo, 9 de abril de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata o día 30 de abril unha exposición de pintura de Hanoi Vidal, que foi inaugurada hoxe coa presenza do propio autor e do delegado territorial, Javier Arias, entre outros.
Vidal deixou a súa Cuba natal hai seis meses para instalarse en Lugo, e a mostra reúne máis de 40 obras realizadas neste período para plasmar experiencias sobre a emigración e sobre o día a día desta cidade, cun estilo expresivo influenciado polo arte naif e pop.
Poderá visitarse na sala de exposicións da Delegación de luns a venres en horario de 9 a mañá a 8 da tarde, e os sábados desde as 9 ata as 2 da tarde.