A Coruña, 20 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña unha reunión de traballo co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez Quintián.
Nesta xuntanza, na que tamén estivo presente a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese para este concello coruñés, de xeito especial en materia de infraestruturas.
María M. Allegue fixo fincapé na importancia que ten que as administracións colaboren para impulsar actuacións que contribúan ao obxectivo común: mellorar a calidade de vida da veciñanza.