A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Laxe

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Laxe, Francisco Charlín Oróns.

Neste encontro, que se celebrou esta mañá en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese para este municipio coruñés en materia de infraestruturas.

A conselleira quixo salientar a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da cidadanía e a reforzar a competitividade económica.

Deja un comentario