A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión co alcalde da Fonsagrada

Santiago de Compostela, 29 de abril 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este pasado luns en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde da Fonsagrada, Carlos López.

Allegue e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas e vivenda, de interese para este municipio lucense.

A conselleira destacou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a fixar poboación no rural.

Deja un comentario