Lugo, 6 de febreiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Vicedo, Jesús Novo.
Neste encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, a conselleira e o rexedor abordaron posibles vías de colaboración.
A conselleira puxo de relevo a aposta da Xunta para cooperar cos pequenos concellos a través de actuacións que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida da veciñanza.