A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Ordes

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe en San Caetano un encontro de traballo co alcalde de Ordes, José Luis Martínez.

Nesta reunión, a conselleira e a rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo e mellora de infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.

Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Deja un comentario