Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Nesta reunión, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de vivenda e infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.
Martínez Allegue subliñou o compromiso do Goberno galego para colaborar cos concellos e impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.