Santiago de Compostela
A Área Deportiva da USC organiza unha xornada de iniciación ao golf na que ao longo de dúas horas as persoas interesadas poderán ter un primeiro achegamento a esta modalidade deportiva. En total ofertaranse un total de 50 prazas, repartidas en dúas sesións que se desenvolverán os días 23 e 24 de abril de 18.00 a 20.00 horas. A inscrición é gratuíta para a comunidade universitaria e o material facilitaráselle dende a organización.
Para poder asistir, as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón antes das 23.59 horas do día 21 de abril. As dúas sesións desta xornada de iniciación desenvolveranse nas instalacións de Compostela Golf (r/ Sionlla Abaixo, 1).