A actualidade da USC xa pode seguirse dende a rede social BlueSky

A USC amplía as súas canles de comunicación e abre un novo espazo para difundir a actualidade da institución na rede social BlueSky (https://bsky.app/profile/usc.gal). Esta decisión tomouse logo de que o Claustro Universitario acordase cesar a actividade da Universidade de Santiago de Compostela na rede social X.

Deste xeito, a Universidade de Santiago iniciou a creación de contido na plataforma social Bluesky, onde conta cun perfil oficial verificado dende este mes de decembro. A USC recomenda que todas aquelas contas institucionais que estaban a crear contido en X procedan a crear un perfil en Bluesky para continuar a difundir os seus contidos. A recomendación á hora de crear perfís de tipo institucional é a de empregar o seu nome propio pegado ás siglas USC.