A Xunta colabora coa organización da Feira das Quendas, que comeza o 30 de abril en Mondoñedo

Mondoñedo (Lugo), 16 de abril de 2025

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Mondoñedo e a Asociación As San Lucas na organización da feira das Quendas, que se celebrará na localidade os días 30 de abril e 1 e 2 de maio. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á presentación da programación.

O pregón terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga o mércores 30 ás 21,00 horas e correrá a cargo de Xulia Nogueira, directora do coro Mestre Pacheco e mestra da Escola Municipal de Música de Mondoñedo. A continuación haberá verbena coas orquestras Charleston Big Band e Cayenna.

O día 1 celebrarase a Feira do gando e a XLI Festa da Empanada, cun mercado de produtos do campo ou un obradoiro de amasado de empanadas e pan, entre outras actividades. O venres 2 completa o cartel o monólogo “A penúltima”, do actor Carlos Blanco, tamén no auditorio.

Deja un comentario