A Coruña, 14 de abril de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu esta mañá á conferencia de Manuel Arenas, presidente da asociación histórico cultural The Royan Freen Jackets, sobre a evolución no tempo da cidade da Coruña. Durante o acto, destacou que este tipo de actividades son fundamentais nos centros residencias porque fomentan a participación dos maiores en todos os ámbitos sociais.
Antón Acevedo trasladou aos responsables do centro e ao persoal o agradecemento por seguir impulsando iniciativas innovadoras para facer partícipes ás persoas maiores na vida pública. Neste sentido, destacou que esta residencia pública autonómica é un referente na promoción do envellecemento activo e saudable.
Así mesmo, o director xeral trasladou o compromiso do Executivo galego para seguir apoiando iniciativas que impulsen o benestar dos maiores, promovan a súa actividade cognitiva e eviten o deterioro e as situacións de dependencia.