Ponteceso (A Coruña), 9 de abril de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, para seguir reforzando as vías de colaboración para a atención e coidado das persoas maiores e dependentes deste Concello.
Antón Acevedo lembrou que este mesmo ano se puxeron en marcha dúas novas casas do maior neste municipio. Así, sinalou que estes dous recursos suman dez prazas públicas e gratuítas de atención a maiores.
As casas do maior son un recurso creado pola Xunta para dotar aos municipios máis pequenos de Galicia dun servizo de atención gratuíto para as persoas maiores. Neste sentido, o director xeral destacou que son fundamentais tamén para apoiar a conciliación das familias e fomentar o envellecemento activo e saudable. Nestes momentos, en Galicia hai máis de 140 recursos destas características en funcionamento.