Santiago de Compostela, 6 de abril de 2025.- A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López Crespo, para analizar o desenvolvemento do II Congreso Internacional de Consumo, que terá lugar en Santiago, no vindeiro mes de maio, e cuxa temática principal será a de consumidores vulnerables.
Deste xeito, no transcurso do encontro, abordaron posibles vías de colaboración para a celebración deste evento que se se converterá nun espazo de encontro e reflexión no que expertos do ámbito institucional, social e empresarial abordarán os retos e desafíos que apostan por un consumo máis xusto, equitativo e sostible, onde os produtos marítimo-pesqueiros teñen unha especial relevancia. A este respecto, a directora xeral fixo especial fincapé na necesidade de concienciar á cidadanía do consumo de peixe e marisco galego, pois supón un alto aporte proteico na dieta e a súa actividade fomenta a sostibilidade e a economía circular.