Vigo, 27 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe, un encontro de traballo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.
Nesta reunión, que tivo lugar na sede da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas e vivenda, de interese para este municipio pontevedrés.
M. Allegue destacou a importancia da colaboración entre ambas administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade do municipio.