Santiago de Compostela
No Día Mundial do Clima que se celebra cada 26 de marzo dende o ano 1992, o Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago súmase ao comunicado que fai público a Asociación Española de Climatoloxía, cuxo presidente é o profesor da USC Alberto Martí Ezpeleta, no que alerta dos riscos que implica o cambio climático acelerado debido á acción antropoxénica, “unha das maiores crisis actuais ás que se enfronta a Humanidade”.
“O estudio do clima e a concienciación do problema son de grande importancia”, dita o comunicado, e por iso “reafirmamos o noso compromiso coa ciencia do clima, a divulgación e o impulso de accións climáticas, desde o ámbito cidadán ao político; accións que axudarán a mitigar os efectos do cambio climático antropoxénico”.