Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fixo entrega esta mañá dunha bolsa de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) ao gañador do certame ‘Talentos by Abril 2025’. Xosé Merelles asistiu á final do concurso, que tivo lugar no Centro Superior de Hostalería de Galicia e que está impulsado pola empresa Aceites Abril. No acto tamén participou a directora de Marketing de Aceites Abril, Elena Pérez.
‘Talentos by Abril’ está dirixido a alumnado de entre 18 e 38 años de estudos de grao medio e superior de Cociña e hoxe culminou unha edición na que participaron 40 alumnos de 16 centros que imparten estas ensinanzas. En concreto, foron 8 chefs procedentes de Asturias, Castela-León, Galicia, Madrid e País Vasco os que participaron nesta final. Xosé Merelles celebrou que tivera lugar no CSHG, que este ano celebra o seu 30 aniversario, e que cada día se consolida como institución líder en Galicia en formación de grandes profesionais da gastronomía e o turismo.
O director de Turismo de Galicia puxo tamén en relevo a importancia da gastronomía na proposta turística de Galicia, tanto a través da cociña tradicional como da alta cociña. Xosé Merelles lembrou que a enogastronomía é un dos piares básicos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030, que destina unha medida en concreto, dotada con 11,9M€, a promocionar este valor.