A Xunta reúnese coa delegación do Goberno de Bretaña para buscar novas vías de colaboración na área de cultura

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da delegación do goberno da rexión francesa de Bretaña para buscar novas vías de colaboración entre os distintos departamentos da área de cultura.

Os representantes da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude  puxeron en común diversos temas como a posta en valor das linguas ou o apoio a festivais de música. Tamén se trataron diversos temas de patrimonio como a técnica construtiva de pedra seca e o megalitismo. No marco deste encontro puxeron en común a posibilidade de realizar actividades de intercambio para a xente moza , así como o aproveitamento de programas europeos de cooperación interxeracional  

Deja un comentario