O I Campionato de Pádel da USC

O I Campionato de Pádel da USC, dirixido á comunidade universitaria, celebrarase o 27 de marzo no Campus de Santiago e o 1 de abril no de Lugo con inscrición gratuíta e unha única categoría, aberta a calquera nivel, xénero e idade. A competición desenvolverase en base a un máximo de 16 equipos que disputarán dúas fases, a primeira de grupo e unha final.

O torneo en Santiago disputarase o día 27 de marzo en horario de 10.00 a 18.00 horas nas instalacións de Padelprix, no Polígono de Costa Vella. No Campus de Lugo celebrarase o 1 de abril co mesmo horario nas instalacións de Padelprix no Polígono das Gándaras. As inscricións para participar -é preciso acreditar a pertenza á comunidade universitaria da USC- están abertas ata o 16 de marzo para a competición de Santiago e ata o día 23 para o campus lugués.