A Xunta apoia o 11º torneo de mus ‘Muralla de Lugo’, que se celebra en maio cunhas 100 parellas participantes

Lugo, 24 de febreiro de 2025

A Xunta colabora coa asociación LugoMuseiros para celebrar o próximo 10 de maio no Círculo das Artes a undécima edición do torneo de mus Muralla de Lugo – Memorial Luciano Sánchez.

O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse hoxe con representantes da entidade organizadora, que prevé reunir a unhas 100 parellas procedentes de Galicia e doutros puntos de España, como Asturias e Castela e León.

Arias felicitou á agrupación por darlle continuidade a esta iniciativa, un dos torneos de mus “máis prestixiosos da comunidade” e que “ten un interesante retorno económico e promocional para a cidade, xa que congrega ano tras ano a decenas de afeccionados ao mus e a moitos acompañantes que visitan Lugo atraídos por este campionato”.

Deja un comentario