Valentín García pon en valor a literatura e a poesía popular das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas

Malpica de Bergantiños (A Coruña), 22 de febreiro de 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no acto de presentación do libro Cantareiras de Xosé Manuel Varela e Icía Varela, onde puxo en valor a literatura e poesía popular a través das figuras das cantareiras ás que este 2025 se lle dedica o Día das Letras Galegas.

No acto, que tivo lugar na igrexa de Santiago de Mens, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou “a importancia de poñer en valor ás mulleres que serán homenaxeadas no día máis importante das nosas letras pola súa contribución á cultura oral”. Neste senso, incidiu no compromiso do Goberno galego coa difusión da cultura galega a través dunha ampla programación de actividades que se porán en marcha ao abeiro desta conmemoración.

Cantareiras é o resultado da investigación do docente de lingua galega, escritor e divulgador Xosé Manuel Varela, e da filóloga e pandeireteira Icía Varela. A través deste texto fan un percorrido polo legado da música e a poesía popular co obxectivo de dar a coñecer a figura das cantareiras: Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeiras e As Vellas de Mens

Deja un comentario