A Xunta destaca o papel que desenvolven os centros de día para o fomento do envellecemento activo e saudable

Redondela (Pontevedra), 21 de febreiro de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, coñeceu as actividades que desenvolve o centro de día Os Cortizos en Redondela e destacou o papel fundamental destes recursos para fomentar o envellecemento activo e saudable dos maiores.

Neste sentido, Antón Acevedo lembrou que o benestar dos maiores é unha prioridade para a Xunta de Galicia e fixo fincapé nos diferentes programas e iniciativas que se están desenvolvendo para mellorar a calidade de vida dos maiores independentemente do lugar no que residan. Así, sinalou que o modelo de coidados impulsado polo Executivo galego contempla tamén importantes melloras nos centros residencias coa instalación, entre outras medidas, de dispositivos de tecnoloxía avanzada que facilitan a comunicación dos usuarios e lles permiten realizar accións para mellorar a súa actividade cognitiva.

O director xeral tamén lembrou que a Xunta de Galicia puxo en marcha o carné +65 para apoiar aos maiores nesta etapa das súas vidas. Esta iniciativa permite que os usuarios poidan desfrutar de descontos e vantaxes en saúde, benestar, gastronomía ou ocio. Durante a visita, tamén lle trasladou aos usuarios o compromiso da Xunta para seguir impulsando acción que promovan o envellecemento activo e saudable.

Deja un comentario