A Xunta apoia a carreira organizada polo CPR A Milagrosa, de Lugo, a favor do comedor social San Froilán

Lugo, 11 de febreiro de 2025

A Xunta apoia a segunda edición da Carreira Popular Solidaria ‘Tus pasos su alimento’ organizada polo Colexio Plurilingüe A Milagrosa, de Lugo, co obxectivo de recadar fondos que se destinarán ao comedor social San Froilán. O delegado territorial, Javier Arias, participou esta mañá na presentación do evento, que se celebrará o domingo 23 de febreiro a partires das 11.00 horas nas inmediacións do centro educativo.

A carreira constará dun total de cinco circuítos de diferentes distancias, que os participantes deberán completar en función das súas idades. Os percorridos irán desde os 200 metros da modalidade pitufos aos 4.000 da modalidade absoluta. De xeito paralelo desenvolverase unha andaina, de 2.500 metros, con saída ás 11.30 horas. Haberá ademais unha fila 0 para aquelas persoas que queiran colaborar coa causa solidaria sen participar na carreira.

Arias felicitou ao centro educativo por promover esta iniciativa, á que se suma o Goberno galego, “que conxuga os valores do deporte coa solidariedade” e que servirá ademais “dar a coñecer o traballo do comedor social San Froilán e sensibilizar á sociedade coa súa causa”.

Deja un comentario