Medio Rural pon en valor a importancia da investigación para afondar na trazabilidade dos viños galegos con selo de calidade diferenciada

Ourense, 10 de febreiro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou hoxe na entrega de galardóns da  VI edición dos Premios de Investigación, Transferencia e divulgación científica Campus Auga da Universidade de Vigo.

Martín Alemparte fixo entrega dun premio de investigación á mellor contribución científica a Cecilia Araceli Martínez Castillo polo seu proxecto Metal and metalloid profiles as a fingerprint for traceability of wines under any Galicia protected desgination of origin. O director salientou a importancia deste tipo de traballos, que permiten afondar na trazabilidade que caracteriza a excelente calidade dos viños galegos amparados por denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. Na xornada de hoxe tamén se constituíu o Comité Empresarial Consultivo Campus Auga, do que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria está a formar parte.

Deja un comentario