A Xunta e o Concello de Moraña avalían vías de colaboración para mellorar a contorna do río Umia

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río Umia na zona da Pontenova.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, José Luis Gómez, abordaron, nunha reunión que mantiveron esta tarde, o interese municipal en habilitar unha zona nesta contorna fluvial para ofrecer á veciñanza e visitantes un espazo natural de desfrute colectivo.

Nesa liña, Ángeles Vázquez lembrou que o pasado outono Augas de Galicia levou a cabo traballos para recuperar unha senda xa existente de 3,6 quilómetros na parroquia de Laxe. E, ao abeiro do Plan de restauración fluvial do bosque de ribeira dos ríos Umia e Gallo, o órgano de conca ten previsto investir máis de 275.000 euros en actuacións de conservación e recuperación no concello de Moraña.

Deja un comentario