Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
Nesta reunión, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas e vivenda de interese para este municipio pontevedrés.
Allegue destacou a importancia da colaboración entre ambas administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a competitividade do municipio.